Quart de Poblet
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Comunidade Valenciana | ||||
Provincia | provincia de Valencia | ||||
Comarca da Comunidade Valenciana | Horta Sud | ||||
Capital | Quart de Poblet (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 25.590 (2023) (1.305,61 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua catalá (lingua predominante) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 19,6 km² | ||||
Altitude | 40 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcaldesa | Cristina Mora Luján (en) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 46930 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 46102 | ||||
Código ARGOS de concellos | 46102 | ||||
Páxina web | quartdepoblet.es | ||||
Quart de Poblet é un concello da Comunidade Valenciana que se atopa na comarca da Horta Oest. Limita con Aldaia, Xirivella, Manises, Mislata e Paterna (da Horta de Valencia); con Xiva (Foia de Bunyol), Riba-roja de Túria (Camp de Túria) e a cidade de Valencia.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Situado entre a Horta Sud valenciana e a chaira de Quart. A superficie do termo é completamente cha. O río Turia cruza o termo polo norte e polo oeste circula a rambla del Poyo. O clima é mediterráneo, con choivas no outono e primavera; os ventos dominantes son os do oeste e o leste.
Pódese acceder a esta localidade a través das liñas 3 e 5 de Metro Valencia.
Infraestrutura viaria e accesos
[editar | editar a fonte]Os principais eixes de tráfico rodado situados ao oeste da área metropolitana de Valencia atravesan o termo municipal de Quart de Poblet. Así, tanto o casco urbano como os numerosos polígonos industriais están conectados por autovía con municipios circundantes e outras estradas de gran capacidade.
- A autoestrada A-3 Autoestrada do Leste -antiga N-III- discorre lonxitudinalmente ao sur de Quart e proporciona tres accesos, un dos cales enlaza co aeroporto.
- A autoestrada V-30 de circunvalación, paralela á nova canle do río Turia, traza unha liña diagonal entre o noroeste e o sueste da localidade, mentres que a estrada V-11 serve a Quart e conéctaa coa terminal do aeroporto de Valencia. Outras estradas locais, como a CV-408 e a CV-31, serven de nexo, aínda que fragmentado polas instalacións industriais, con núcleos veciños.
Ademais, diversas liñas de Metrobús conectan Quart de Poblet con Valencia e outras localidades.
Núcleos de poboación
[editar | editar a fonte]No concello de Quart de Poblet atópanse tamén os seguintes núcleos de poboación:
- Quart de Poblet
- Barri Sant Jeroni
- Barri del Crist
- Barri Sant Josep
- Capellans
- Porta
- Sant Josep Artesà
Demografía
[editar | editar a fonte]Quart de Poblet conta cunha poboación de 25.441 habitantes (INE 2008).
Un 5,5% da poboación de Quart de Poblet é da inmigración (INE 2007).[1]
Evolución demográfica de Quart de Poblet[2] | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1857 | 1887 | 1900 | 1910 | 1920 | 1930 | 1940 | 1950 | 1960 | 1970 | 1981 | 1991 | 1996 | 2001 | 2006 | 2007 | 2008 | |||
1.674 | 1.921 | 1.814 | 2.263 | 2.644 | 3.152 | 3.993 | 5.408 | 10.571 | 20.529 | 27.409 | 27.404 | 27.112 | 25.739 | 25.430 | 25.340 | 25.441 |
Economía
[editar | editar a fonte]Os cultivos principais son de regadío: laranxeiras, pereiras, hortalizas, cebolas, patacas etc. En terras de secán culítivanse cereais, vide, alfarrobeiras e oliveiras.
As industrias tradicionais son téxtiles, refractarios, cerámica etc.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Fonte: Explotación estatística do censo segundo o INE. Poboación por sexo, municipios e nacionalidade (principais nacionalidades). Arquivado 12 de xaneiro de 2008 en Wayback Machine.
- ↑ Fonte: Poboación de feito segundo o INE. Alteracións dos municipios nos Censos de Poboación dende 1842, Arquivado 11 de marzo de 2009 en Wayback Machine. Series de poboación dos municipios dende 1996. Arquivado 18 de abril de 2010 en Wayback Machine.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ajuntament de Quart de Poblet
- Agrupació Musical L'Amistat
- Federación Valenciana de Municipios e Provincias - Guía Turística
- Metrobús Liñas de autobús, horarios (web da Entidade de Transporte Metropolitano de Valencia)
- Banda Falla Marqués Solferit[Ligazón morta]